CONVOCATORIA PROGRAMA AXUDAS MOBILIDADE “ERASMUS+”

Publicado: 21 de Abril de 2014 en BOLSAS E AXUDAS, FP, UNIVERSIDADE

Convocatoria de axudas Erasmus.es, financiadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do Programa «Erasmus+», para a mobilidade de estudantes de institucións de educación superior e se aproba a convocatoria en concorrencia competitiva correspondente ao curso académico 2014-2015.

Requisitos das/os beneficiarias/as.
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os estudantes de institucións de educación superior, que teñan feito efectivos os dereitos de matrícula na institución de orixe, sempre que estas institucións participen tamén na convocatoria de axudas de mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe (KA1) de Erasmus+ xestionada polo Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos e subscriban o correspondente convenio con este organismo no presente ano.

Antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes os beneficiarios deberán cumprir, a maiores dos requisitos da convocatoria de Programa «Erasmus+», os seguintes:

a) Acreditar un nivel B2 ou equivalente no idioma no que se vai a impartir e recibir a docencia na universidade ou centro de educación superior de destino ou no que se realicen as prácticas, segundo conste no convenio de intercambio ou no certificado expedido pola universidade de destino.

b) No caso das mobilidades correspondentes a ensinanzas artísticas superiores, formación profesional de grao superior, de ensinanzas artísticas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior e de ensinanzas deportivas de grao superior, con carácter excepcional, o requisito esixido no paragrafo anterior poderá ser suplido por unha certificación do centro educativo de orixe no que se acredite que o alumno adquiriu as competencias de comunicación en lingua estranxeira necesarias e suficientes para garantir o éxito da esla estancia formativa o en prácticas no país de que se trate. En todo caso, para obter dita certificación o alumno deberá ser avaliado sobre as referidas competencias polo departamento didáctico de idioma moderno do seu centro de orixe.

c) No caso dos estudos oficiais de Grao, debe acreditarse a superación de 60 créditos ECTS dos estudos que se están a cursar e no ámbito dos cales se solicita a axuda, no momento de solicitala.

Duración As axudas concederanse por un máximo de cinco meses no caso de mobilidades para estudo, e de ata un máximo de tres meses, no caso das mobilidades para prácticas e gozaranse durante o curso académico 2014/15. Os períodos das estadías axustaranse ao calendario académico da institución de acollida ao establecido na empresa.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 23 de abril de 2014.

 

Orde da convocatoria

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s