Arquivo para a categoría ‘ALUMNADO INMIGRANTE’

Aquí podedes descargar unha Guía do sistema educativo galego en 10 idiomas.
Proporciona unha información non exhaustiva pero completa das características do noso sistema educativo, en dez idiomas (galego, castelán, alemán, árabe, chinés, francés, inglés, portugués, romanés e ruso).
Permite ao alumnado de nova incorporación procedente do estranxeiro e ás súas familias unha primeira toma de contacto coa realidade escolar, facilitando deste xeito o seu proceso de adaptación ao sistema educativo da comunidade galega.

Advertisements

Guía de comunicación básica

Publicado: 26 de Novembro de 2013 en ALUMNADO INMIGRANTE

Nesta Guía podedes atopar unha serie de preguntas arredor de información que é probable que o centro educativo demande das familias e viceversa.

Dicionario Visual Interactivo

Publicado: 26 de Novembro de 2013 en ALUMNADO INMIGRANTE

Dicionario Visual Interactivo: Ferramenta para o alumnado procedente do estranxeiro en castelán, galego e inglés.
Con láminas temáticas e actividades.