Arquivo para a categoría ‘BACHARELATO’

Ponderacións acordadas pola Secretaría Xeral de Universidades, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e CIUG, na reunión celebrada o 27/03/2017 e pendentes de aprobación polos respectivos Consellos de Goberno das Universidades do SUG.

Advertisements

UNICOOS: apoio ao alumnado

Publicado: 27 de Marzo de 2017 en BACHARELATO, ESO, MATEMÁTICAS

Se queres mellorar os teus coñecementos en Matemáticas, Física, Química ou Tecnoloxía podes consultar os vídeos de UNICOOS coas explicacións de David Calle, o “profesor youtuber”, fundador deste canal educativo en Youtube que se clasificou entre os dez finalistas para gañar o Global Teacher Prize 2017, considerado o premio Nobel da docencia.

ABAU

A proba só a terá que realizar o alumnado que queira cursar estudos universitarios.

Materias

O alumnado examinarase de cinco materias obrigatorias:

  • Lingua Galega e Literatura
  • Lingua Española e Literatura
  • Primeira Lingua Estranxeira
  • Historia de España

E dependo do itinerario das seguintes materias:

  • Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais:
    • Itinerario de Humanidades:  Latín
    • Itinerario de Ciencias Sociais: Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais
  • Modalidadede Ciencias: Matemáticas
  • Modalidade de Artes: Fundamentos da Arte

O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse voluntariamente dun máximo de catro materias, a elixir entre as de opción do bloque de troncais de segundo curso e as xerais troncais específicas de modalidades distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba.  Ademais, para a mellora da nota de admisión tamén se terá en consideración a cualificación obtida na fase obrigatoria na materia xeral específica de cada modalidade do bloque das materias troncais (Matemáticas, Latín, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais e Fundamentos da Arte), sempre e cando a cualificación acadada na materia correspondente sexa igual ou superior a 5 puntos.

Duración e características das probas

Cada proba constará dun mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas abertas e semiabertas, Tamén se poderán utilizar preguntas de opción múltiple, sempre e cando a puntuación asignada ao total das abertas e semiabertas alcance como mínimo o 50%.

A duración de cada un dos exames será de 90 minutos.

A avaliación de bacharelato no seu conxunto desenvolverase ao longo de tres días.

Cualificación

A cualificación da ABAU será a media aritmética das cualificacións obtidas en cada unha das probas realizadas das materiais xerais do bloque de troncais e da materia de Lingua Galega e Literatura, expresada de 0 a 10 con tres cifras decimais. Esta cualificación deberá ser igual ou superior a 4 puntos.

A cualificación final para o acceso á Universidade calcularase ponderando un 40% a cualificación da avaliación, e un 60% a da etapa.

Reuniranse os requisitos de acceso cando o resultado desta ponderación sexa igual ou superior a 5 puntos.

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) fará públicos os parámetros de ponderación das materias.

No curso 2016/17 realizaranse dúas convocatorias, unha ordinaria e outra extraordinaria. O alumnado que participe na convocatoria ordinaria poderá presentarse para a mellora das cualificacións na extraordinaria, na que se terá en conta a nota obtida na última sempre e cando sexa superior.

Para máis información consultar a Resolución do 21 de febreiro de 2017

 

AVALIACIÓNS FINAIS 2016-2017

Publicado: 5 de Marzo de 2017 en BACHARELATO, ESO, FP, UNIVERSIDADE

 aval-finaismedidas-urxentes-avaliacion-finais

abauabau-16-17

Sistema universitario galego: Oferta de prazas e notas de corte para o curso 2016-2017.

En WORK INSIDE:  vídeos sobre as distintas profesións clasificadas por sectores. Ademais inclúe información sobre saídas profesionais, graos e másters universitarios relacionados.