Arquivo para a categoría ‘BOLSAS E AXUDAS’

PREMIOS EXTRAORDINARIOS

Publicado: 13 de Abril de 2016 en BACHARELATO, BOLSAS E AXUDAS, ESO

Cada ano convócanse a finais de curso
Premios extraordinarios de Educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico
Requisitos de participación:
1. Ter cursado durante o curso 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. Ter unha media das cualificacións igual ou superior a 9,00 puntos. Esta nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa.

Premios extraordianrios de Bacharelato
Requisitos de participación:
1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media será a media aritmética de todas as materias, redondeada á centésima máis próxima e, en caso
de equidistancia, á superior.

Acceso á convocatoria

O programa de “Becas de la Fundación Amancio Ortega” ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe da lingua inglesa e o desenvolvemento persoal de xoves, a partir dunha inmersión total nun novo entorno, convivindo cunha familia de acollida, durante o ano escolar no país de destino.

O Programa convoca cada curso escolar, a comezos de curso 500 bolsas, dirixidas a estudantes de 4º de ESO, 80 desas bolsas son para estudantes de centros de Galicia para estudar 1º de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos.

Os alumnos seleccionados cursarán Grado 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato). A beca cubre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos.

REQUISITOS:

Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.

Ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos, e unha nota de inglés igual ou superior a 8 en 3º de ESO

No ter estudado un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º de ESO)

Enviar en prazo o formulario on line con toda a documentación requirida.

Prazo de envío de solicitudes

Do 3 de outubro ao 15 de novembro de 2016, 13:00 horas

Máis información sobre o proceso de participación en info@becas.faortega.org

Podedes consultar aquí a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

BOLSAS, AXUDAS E PREMIOS DO MINISTERIO

Publicado: 13 de Abril de 2016 en BOLSAS E AXUDAS

Neste enlace podes obter información sobre as bolsas e axudas convocadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, segundo os diferentes tipos e niveis de ensinanza

Becas para estudos postobrigatorios

Publicado: 2 de Setembro de 2014 en BACHARELATO, BOLSAS E AXUDAS, FP

Resolución de 28 de julio de 2014, de la Secretaría de Estado de Educación,
Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan becas de
carácter general para el curso académico 2014-2015, para estudiantes que
cursen estudios postobligatorios.

Resolución de 3 de julio de 2014, de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2014-2015.

As solicitudes tanto de axuda como de subsidio deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet no enderezo http://www.mecd.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no enderezo https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a «Trámites y Servicios».
Os solicitantes que non dispoñan de firma electrónica e, por tanto, impriman o modelo de solicitude no fichero pdf, presentarano, coa súa firma e a dos demais membros computables da familia, acompañada da documentación, no centro docente no que vaian seguir os estudos durante o curso académico 2014-2015.

O prazo de presentación de solicitudes extenderase ata o 30 de setembro de 2014 inclusive.

Convocatoria de axudas Erasmus.es, financiadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do Programa «Erasmus+», para a mobilidade de estudantes de institucións de educación superior e se aproba a convocatoria en concorrencia competitiva correspondente ao curso académico 2014-2015.

Requisitos das/os beneficiarias/as.
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os estudantes de institucións de educación superior, que teñan feito efectivos os dereitos de matrícula na institución de orixe, sempre que estas institucións participen tamén na convocatoria de axudas de mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe (KA1) de Erasmus+ xestionada polo Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos e subscriban o correspondente convenio con este organismo no presente ano.

Antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes os beneficiarios deberán cumprir, a maiores dos requisitos da convocatoria de Programa «Erasmus+», os seguintes:

a) Acreditar un nivel B2 ou equivalente no idioma no que se vai a impartir e recibir a docencia na universidade ou centro de educación superior de destino ou no que se realicen as prácticas, segundo conste no convenio de intercambio ou no certificado expedido pola universidade de destino.

b) No caso das mobilidades correspondentes a ensinanzas artísticas superiores, formación profesional de grao superior, de ensinanzas artísticas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior e de ensinanzas deportivas de grao superior, con carácter excepcional, o requisito esixido no paragrafo anterior poderá ser suplido por unha certificación do centro educativo de orixe no que se acredite que o alumno adquiriu as competencias de comunicación en lingua estranxeira necesarias e suficientes para garantir o éxito da esla estancia formativa o en prácticas no país de que se trate. En todo caso, para obter dita certificación o alumno deberá ser avaliado sobre as referidas competencias polo departamento didáctico de idioma moderno do seu centro de orixe.

c) No caso dos estudos oficiais de Grao, debe acreditarse a superación de 60 créditos ECTS dos estudos que se están a cursar e no ámbito dos cales se solicita a axuda, no momento de solicitala.

Duración As axudas concederanse por un máximo de cinco meses no caso de mobilidades para estudo, e de ata un máximo de tres meses, no caso das mobilidades para prácticas e gozaranse durante o curso académico 2014/15. Os períodos das estadías axustaranse ao calendario académico da institución de acollida ao establecido na empresa.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 23 de abril de 2014.

 

Orde da convocatoria