Arquivo para a categoría ‘ESO’

UNICOOS: apoio ao alumnado

Publicado: 27 de Marzo de 2017 en BACHARELATO, ESO, MATEMÁTICAS

Se queres mellorar os teus coñecementos en Matemáticas, Física, Química ou Tecnoloxía podes consultar os vídeos de UNICOOS coas explicacións de David Calle, o “profesor youtuber”, fundador deste canal educativo en Youtube que se clasificou entre os dez finalistas para gañar o Global Teacher Prize 2017, considerado o premio Nobel da docencia.

Advertisements

AVALIACIÓNS FINAIS 2016-2017

Publicado: 5 de Marzo de 2017 en BACHARELATO, ESO, FP, UNIVERSIDADE

 aval-finaismedidas-urxentes-avaliacion-finais

En WORK INSIDE:  vídeos sobre as distintas profesións clasificadas por sectores. Ademais inclúe información sobre saídas profesionais, graos e másters universitarios relacionados.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS

Publicado: 13 de Abril de 2016 en BACHARELATO, BOLSAS E AXUDAS, ESO

Cada ano convócanse a finais de curso
Premios extraordinarios de Educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico
Requisitos de participación:
1. Ter cursado durante o curso 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. Ter unha media das cualificacións igual ou superior a 9,00 puntos. Esta nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa.

Premios extraordianrios de Bacharelato
Requisitos de participación:
1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media será a media aritmética de todas as materias, redondeada á centésima máis próxima e, en caso
de equidistancia, á superior.

Acceso á convocatoria

O programa de “Becas de la Fundación Amancio Ortega” ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe da lingua inglesa e o desenvolvemento persoal de xoves, a partir dunha inmersión total nun novo entorno, convivindo cunha familia de acollida, durante o ano escolar no país de destino.

O Programa convoca cada curso escolar, a comezos de curso 500 bolsas, dirixidas a estudantes de 4º de ESO, 80 desas bolsas son para estudantes de centros de Galicia para estudar 1º de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos.

Os alumnos seleccionados cursarán Grado 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato). A beca cubre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos.

REQUISITOS:

Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.

Ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos, e unha nota de inglés igual ou superior a 8 en 3º de ESO

No ter estudado un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º de ESO)

Enviar en prazo o formulario on line con toda a documentación requirida.

Prazo de envío de solicitudes

Do 3 de outubro ao 15 de novembro de 2016, 13:00 horas

Máis información sobre o proceso de participación en info@becas.faortega.org

Podedes consultar aquí a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Aquí podes cubrir online un test de interes profesionais coas ocupacións máis afíns as túas motivacións, tanto para escoller estudos como para elixir emprego, coñecendo as novas oportunidades do mercado laboral.

Vía Barcelona Activa