Arquivo para a categoría ‘FP’

AVALIACIÓNS FINAIS 2016-2017

Publicado: 5 de Marzo de 2017 en BACHARELATO, ESO, FP, UNIVERSIDADE

 aval-finaismedidas-urxentes-avaliacion-finais

QUE FACER AO REMATAR BACHARELATO

Publicado: 14 de Abril de 2015 en BACHARELATO, FP, UNIVERSIDADE

Se queres continuar formándote podes escoller entre Formación Profesional de Grao Superior ou Graos Universitarios. A continuación podes consultar información sobre estas opcións.

FORMACIÓN PROFESIONAL

ACCESO A GRAO SUPERIOR:
Co título de Bacharel.
Sen título de Bacharel tes que superar unha proba de acceso á FP de Grao Superior.
Contidos e criterios de avaliación da proba de acceso á FP de Grao Superior.
Exames de convocatorias anteriores

FAMILIAS PROFESIONAIS:
Desde aquí podes consultar os folletos das distintas familias profesionais de FP.

 

UNIVERSIDADE
1- PAU:

2- Parámetros de ponderación das materias da fase específica

3- Ofertas de prazas e Notas de corte 2014-2015 no SUG

4- Titulacións:

 

Becas para estudos postobrigatorios

Publicado: 2 de Setembro de 2014 en BACHARELATO, BOLSAS E AXUDAS, FP

Resolución de 28 de julio de 2014, de la Secretaría de Estado de Educación,
Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan becas de
carácter general para el curso académico 2014-2015, para estudiantes que
cursen estudios postobligatorios.

Convocatoria de axudas Erasmus.es, financiadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do Programa «Erasmus+», para a mobilidade de estudantes de institucións de educación superior e se aproba a convocatoria en concorrencia competitiva correspondente ao curso académico 2014-2015.

Requisitos das/os beneficiarias/as.
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os estudantes de institucións de educación superior, que teñan feito efectivos os dereitos de matrícula na institución de orixe, sempre que estas institucións participen tamén na convocatoria de axudas de mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe (KA1) de Erasmus+ xestionada polo Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos e subscriban o correspondente convenio con este organismo no presente ano.

Antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes os beneficiarios deberán cumprir, a maiores dos requisitos da convocatoria de Programa «Erasmus+», os seguintes:

a) Acreditar un nivel B2 ou equivalente no idioma no que se vai a impartir e recibir a docencia na universidade ou centro de educación superior de destino ou no que se realicen as prácticas, segundo conste no convenio de intercambio ou no certificado expedido pola universidade de destino.

b) No caso das mobilidades correspondentes a ensinanzas artísticas superiores, formación profesional de grao superior, de ensinanzas artísticas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior e de ensinanzas deportivas de grao superior, con carácter excepcional, o requisito esixido no paragrafo anterior poderá ser suplido por unha certificación do centro educativo de orixe no que se acredite que o alumno adquiriu as competencias de comunicación en lingua estranxeira necesarias e suficientes para garantir o éxito da esla estancia formativa o en prácticas no país de que se trate. En todo caso, para obter dita certificación o alumno deberá ser avaliado sobre as referidas competencias polo departamento didáctico de idioma moderno do seu centro de orixe.

c) No caso dos estudos oficiais de Grao, debe acreditarse a superación de 60 créditos ECTS dos estudos que se están a cursar e no ámbito dos cales se solicita a axuda, no momento de solicitala.

Duración As axudas concederanse por un máximo de cinco meses no caso de mobilidades para estudo, e de ata un máximo de tres meses, no caso das mobilidades para prácticas e gozaranse durante o curso académico 2014/15. Os períodos das estadías axustaranse ao calendario académico da institución de acollida ao establecido na empresa.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 23 de abril de 2014.

 

Orde da convocatoria

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 31 de marzo e 11 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 10 e 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos

Probas de acceso a ciclos medio e superior

A NOVA FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

Publicado: 23 de Febreiro de 2014 en ESO, FP

Principais características da nova FP básica da LOMCE, que se implantará no curso 2014-2015:
. Terá 14 titulacións de 2.000 horas cada unha, equivalentes a dous cursos académicos a tempo completo. O catálogo é o seguinte:
Servizos Administrativos, Electricidade e Electrónica, Fabricación e Montaxe, Informática e Comunicacións, Cociña e Restauración, Mantenmento de Vehículos, Agricultura e Xardinería, Perrucaría e Estética, Servizos Comerciais, Carpintaría e Moble, Reforma e Mantenimiento de Edificios, Arranxo e Reparación de Artigos Téxtiles e de Pel, Tapicería e Cortinaxe, e Vidrería y Alfararía.
. Está dirixida a alumnado entre 15 e 17 anos que cursaran 3º de ESO ou excepcionalmente 2º.
. O título de FP básica permitirá o acceso directo aos ciclos de FP de Grao Medio. Para obter Título de Graduado en Secundaria haberá que superar a proba final de ESO, a reválida.

Prazos de matrícula para as convocatorias de maio e setembro:
– Convocatoria de maio: 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.
Convocatoria probas ESO para maiores de 18 anos