Arquivo para a categoría ‘INTELIXENCIAS’

En tres centros concertados de Cataluña comezaron este ano cun proxecto piloto que supón unha revolución pedagóxica no centro. Estase levando a cabo nalgúns niveis educativos, nos que prima o traballo por proxectos. Aquí o traballo cooperativo por equipos substitúe á clase maxistral. Os novos espazos, sen tabiques e con novo mobiliario adaptado ao alumnado, facilitan a participación e movemento, fronte ao tradicional silencio e quietude das aulas. Sen materias, sen libros de texto, sen exames

Vía El Mundo

Para o alumnado do IES Pazo da Mercé:
Este é un inventario informal de intereses que servirá de base para desenvolver as vosas áreas de interese específicas durante o curso escolar.
Por favor, cumprimenta este Inventario de intereses.

A teoría das intelixencias múltiples é un modelo proposto en 1983 por Howard Gardner que revolucionou a psicoloxía.
Consulta materiais, vídeos ou eventos sobre este tema.